A paixón por Rosalía vénme por razóns varias, unhas máis cargadas de obviedade ca outras. O que si terei que confesar é a miña entrega absoluta ás paisaxes que retratou o seu fillo Ovidio. Mesmo intúo similitudes entre os tormentos suxeridos pola pluma e os do pincel. A angustia, a sensación opresiva desa tristura que asfixia, que funde o peito, eu véxoas en versos de Rosalía e nos lenzos do malogrado Ovidio, falecido cando, non cumpridos os trinta, iniciaba un camiño que prometía un grande artista.
E a seguir, os versos da nai.
¡Cal as nubes no espazo sin límites
errantes voltexan!
Unhas son brancas,
outras son negras;
unhas, pombas sin fel me parecen,
despiden outras
luz de centela...
errantes voltexan!
Unhas son brancas,
outras son negras;
unhas, pombas sin fel me parecen,
despiden outras
luz de centela...
Sopran ventos contrarios na altura
i á desbandada,
van levándoas sin orden nin tino,
nin eu sei pra onde,
nin sei por que causa.
i á desbandada,
van levándoas sin orden nin tino,
nin eu sei pra onde,
nin sei por que causa.
Van levándoas, cal levan os anos
os nosos ensoños
i a nosa esperanza.
os nosos ensoños
i a nosa esperanza.
Do íntimo, Follas novas
No edificio novo do Museo de Pontevedra están os cadros de Ovidio que decoraron unha das salas do Palacio de Lourizán. Cando os vin, este verán, recordei o moito que a ti che gustan as paisaxes de Ovidio; de feito fotografeinas para ensinarchas.
ResponderEliminarGrazas por un millón de cousas.
ResponderEliminar