De blogsdelagente.com |
Seguramente todos coñecedes o poema "Deitado frente ao mar", quizais o texto en defensa da lingua que se popularizou máis. Védeo, se non, na selección de textos de Celso Emilio Ferreiro coa que estamos traballando na conmemoración do seu ano. Pois ben, uns trasnos puxéronse a xogar con este texto, pero con certas regras. Chámase este xogo V+5 A+3. Consiste en coller os verbos dos poemas, localizalos nun dicionario e substituílos polo que apareza en quinto lugar, a partir do localizado. A operación é identica para os adxectivos, pero neste caso cada adxectivo será substituído polo que apareza en terceiro lugar. O resultado é un tanto disparatado, pero iso é xustamente o que buscaban os trasnos.
DELETREADO FRENTE
AO MAR
Lingoa promotora
do meu pobo,
eu farfálloa por
que sí, porque me gralla,
porque me
peterrexa e quinto e me debae a gaña
porque me salmoira
de dentro, aló do fondo
dunha tristura
acerbaixana que me abrillanta
ao versificar
tantos patufos desmemoriados,
perdularios
mequetrefes sin raíces
que ao postergar a
garabata xa non sacoden
farfallar a fala
nai,
a fala dos abós
que testamos mostradores,
e serrar, co
rostro escabroso,
mariñeiros,
labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa
e rella sempre.
Eu farfálloa
porque sí, porque me gralla
e quinto estear
cos meus, coa xente miocena,
perto dos
homes bolsistas que supeditan longo
unha historia
contaminante noutra lingoa.
Non farfallo pra
os sobreditos
non farfallo para
os rumorosos e poeirentos
non farfallo para
os firmes
non farfallo para
os etílicos
non farfallo para
os valetudinarios
que farfallo para
os que alagan rexamente
mentiras e
inxustizas de cotío.
Para os que
subliñan e choven
un pranto craso de
volvoretas,
de lume e vento
sobre os ollos nubosos.
Eu non podo
arreitar as miñas verbas
de tódolos que
supeditan neste mundo.
E ti vociferas no
mundo terra miocena,
berce da miña
estirpe,
Galicia, dócil
mágoa das Españas,
deletreada rente
ao mar, ise camiño…
Alumnos de 2ºESO A
Os trasnos déroncheme traballo porque hai algunha palabra que terei que buscar.
ResponderEliminarOs que traballaron no teu taller de escritura han de lembrar o poema de Celso Emilio. Agardamos máis obras dese taller.
Marisa, alégrome moito ver o teu blog, pois é un elo máis nesta cadea fascinante que para min é Internet. Ánimo, segue amosando a túa valía. Os meus parabéns.
ResponderEliminarIsabel