"O pracer do Baño" (1943) Granell |
O cadáver exquisito é unha composición lúdica produto da colaboración de varias persoas, que contén elementos da autoría de todas elas. A composición final posiblemente saia cunha intencionalidade ben diferente á que quixo darlle cada un, pero esas son as regras.
Hai moitas maneiras de pór en práctica este xogo. Nós fixémolo coa técnica dos surrealistas franceses, pero hai moitas variantes, hoxe é un dos xogos literarios que máis se practica na rede.
O procedemento foi o seguinte: Os alumnos escriben
tres versos procurando concentrar a súa mensaxe no terceiro; dobran o
papel deixando ler o último, pásanllo ao compañeiro. Reciben outro.Len o verso visíbel do compañeiro e escriben outros tres; dobran, pasan... Ata o final da fila.
Cando
lles volve o seu papel, len todo: reflexionan, manipulan, rematan o poema...Leno para toda a aula. Eliximos un de entre todos (Resultou difícil, non nos convencía ningún)
A seguir traballamos de novo en pequeno grupo elaborando un poema común a partir dos acertos do cadáver de cadaquén. Lemos.
Procuramos
en grande grupo o poema da aula. Vanse escribindo os
acertos de cada grupo. Lemos todo, eleximos un verso para comezar,
buscamos outro que lle cadre para seguir, reflexionamos, ordenamos,
reordenamos, concordamos tempos, números, persoas, axustamos xéneros... Seguimos, outro verso, a ver cal lle pode cadrar agora, outro, un máis. E xa temos un novo poema.
![]() |
Foto de J. Cameron do Blog De L. Giordani |
A un alumno
chegoulle este texto e foi o que se decidiu “indultar”.
O lapis escribía,
a goma borraba
o que a rapaza
ilusionada inventaba.
Pero non sabía
que sufrimento a agardaba
e a rapaza que
aínda cría nas fadas,
un día descubriu a
verdade
e unha profunda
tristeza a inundou.
O tempo pasou,
todo repousou
nun lugar mellor.
Para sempre.
Cos anacos de todos construímos o seguinte poema:
Non hai estrelas,
non podo velas.
Cando alumean o
meu corazón brilla,
non sei que facer,
non sei que
escribir.
Ela era a máis
amada,
pero vin unha
bágoa.
Ai! Meu Deus,
que cousas ves!
É outono, fría
estación,
as anduriñas vanse,
as follas caen,
caen no outono
e ás veces son
esquecidas.
Tristes paisaxes
ennegrecidas,
sinto o horrible
fastío
de que faltas
e faise máis
intenso o frío.
Alumnos (2º ESOA)
No hay comentarios:
Publicar un comentario