Lenzo de Xaime Quessada |
Parabéns! O noso compañeiro Álvaro González Leiro de 3º ESO C foi o gañador na súa categoría do I Certame de Microrrelato on line: Ollando os nosos artistas.
Caricatura de Vicente Risco |
O seu texto homenaxeaba a obra de Vicente Risco O lobo da xente, sabemos que isto era o que Álvaro tiña en mente, pero alén diso a licantropía inspirou a máis artistas ourensáns, lembremos Romasanta de Alfredo Conde.
Os textos gañadores nas distintas categorías foron seleccionados polo escritor Francisco Fdez Naval e os premios seranlles entregados aos gañadores nun acto no Museo Municipal o próximo 13 de maio. Reiteramos as felicitacións e aquí vos deixamos o texto gañador na categoría de ESO e ESPO.
O LOBO NA XENTE
Escuridade. Non vexo nada… recordo o punto branco na noite… e logo
escuridade. Onde estou? Estou morto? Estou vivo? Non podo moverme. Aboio na
escuridade. Será esta a miña besta? O lobo… O salvaxe instinto animal que en
todos se atopa. Os nosos máis ocultos segredos… Pecados de avaricia, luxuria,
envexa… Bestas no interior, lobos na xente. Desexos sinistros da sociedade, da
mente colectiva. O que todos desexan e non realizan. O lobo… El non ten
control, revela os nosos segredos. Realízaos. Toda a xente ten un lobo. A
besta. O instinto. O desexo… Ten o control do corpo, desencadéao á noite. A
ambición. O lobo na xente.
ÁLVARO GONZÁLEZ LEIRO, 3ºESO C
IES BLANCO AMOR