Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía. Mostrar todas las entradas

2/9/14

ROSALIA E OVIDIO




A paixón por Rosalía vénme por razóns varias, unhas máis cargadas de obviedade ca outras. O que si terei que confesar é a miña entrega absoluta ás paisaxes que retratou o seu fillo Ovidio. Mesmo intúo similitudes entre os tormentos suxeridos pola pluma e os do pincel. A angustia, a sensación opresiva desa tristura que asfixia, que funde o peito, eu véxoas en versos de Rosalía e nos lenzos do malogrado Ovidio, falecido cando, non cumpridos os trinta, iniciaba un camiño que prometía un grande artista.


E a seguir, os versos da nai.

¡Cal as nubes no espazo sin límites
errantes voltexan!
Unhas son brancas,
outras son negras;
unhas, pombas sin fel me parecen,
despiden outras
luz de centela...
Sopran ventos contrarios na altura
i á desbandada,
van levándoas sin orden nin tino,
nin eu sei pra onde,
nin sei por que causa.
Van levándoas, cal levan os anos
os nosos ensoños
i a nosa esperanza.

Do íntimo, Follas novas


6/2/13

150º ANIVERSARIO DE CANTARES GALLEGOS


De Sermos Galiza

Seguramente oístes  que este ano se conmemora o 150 aniversario da saída ao prelo de Cantares gallegos. Hai para aí un mes fixemos unha pequena escolma cos que, desde o noso punto de vista, son os dez  poemas máis representativos desta obra. Xa están, de feito, compañeiros vosos traballando con eles. Ídevos preparando, pronto comezaremos nós.

Como anticipo déixovos uns  versos dun deses textos.




De larebeldequenofui.blogspot.com










Eu ben vin estar o moucho
enriba daquel penedo:
¡Non che teño medo, moucho,
moucho, non che teño medo! 
Unha noite, noite negra,
como os pesares que eu teño
noite filla das sombraizas
alas que estenden os medos;





hora en que cantan os galos,


                        
hora en que xemen os ventos,

en que as meigas bailan, bailan,

xuntas co demo pirmeiro,

arrincando verdes robres,

portas e tellas fendendo,

todas de branco vestidas,

tendido los brancos pelos,


contra quen os cans oubean


agoirando triste enterro (...)