Gianni Rodari |
Celso Emilio Ferreiro |
Presentámosvos agora un grupo de pequenos textos que son creación nosa, si, pero para os que contamos con dúas importantes axudas: Celso Emilio, ás veces, e Gianni Rodari sempre. Son exercicios preliminares, borradores para irnos adestrando, mais teñen o valor de ser "os nosos textos" e cobrarán o seu auténtico sentido cando pasado o tempo os volvamos ler. Aquí quedan só algunhas mostras, temos máis.
Sabedes o que é un lipograma? É un texto en que se evita deliberadamente unha letra. Vede algún dos que fixemos na aula.
Esta compañeira inspirouse no seu texto sen m, na Crónica da Coca-Cola de Celso Emilio Ferreiro. Podedes ler o poema na selección de textos que xa temos mencionado.
Esta compañeira inspirouse no seu texto sen m, na Crónica da Coca-Cola de Celso Emilio Ferreiro. Podedes ler o poema na selección de textos que xa temos mencionado.
É unha historia
ben graciosa, contada por un gran poeta galego. Cal é a historia? A da Coca-
Cola.
Neste escrito alúdese
á Coca-Cola así: escuro xarope ben xelado. Dinos desta bebida que ten unha
grandeza que se pode verificar con estatísticas. Por se acaso quedan dúbidas
inspeccione: se se xuntasen tódalas botellas fabricadas (deitadas en ringleira)
darían a volta á terra unha gran cantidade de veces. Se todas as botellas fosen
repartidas de xeito equitativo entre as xentes… cantas para cada un? Daríalle
un infarto se llo dixese. E de derradeiro, se tódalas botellas se fundisen
nunha, a resultante sería xigantesca. Celso E. fálanos de que este produto é
exportado a cincocentos países soberáns, unha barbaridade de botellas cada día.
Pero a graza do escrito atópase ao final, cando o autor di que o
cocacolonizador que o cocacolonizou bon cocacolonizador ten sido.
Iria Álvarez (2º ESO A)
Outro alumno da mesma aula eliminou temén o m, pero desta volta dos seus versos, nos que tamén está presente Celso Emilio. Son as nosas aportacións á conmemoración dos cen anos do seu nacemento.
A poesía é un aparello
que serve para expresar a realidade,
blogs.elcomercio.pe
|
iso é o que dicía o poeta
de Celanova.
Porque unha poesía pode
servir de idea e coa idea
el crea unha invención.
Letras que teñen palabras,
palabras que teñen oracións,
oracións que teñen cancións,
cada poesía é un universo
e ese universo está escrito
nuns versos.
Adrián Ares (2º ESO A)
E un tautograma, sabedes? É un texto en que todas as palabras comezan pola mesma letra. Aquí tedes tres exemplos, o primeiro deles inspirado na figura de Celso Emilio:
Contigo Celso, Celanova clama cancións. Cuestións creativas,
científicas, correspondidas, con culpables, conflitivas, conscientes
confíns creativos. Como ceder con chantaxes?
Eva Feijoo (2º ESO A)
Doncela do día
da dolorosa despedida,
daniña, desesperada,
desobedeces distintos donos.
Do devezo de distraerte,
despeitearte, desocuparte.
Despois desnórtasnos,
deixándonos descubrirte.
Disipáronse dous destinos distintos
deixando dor, días delirantes.
Uxía Argibay (2º ESO A)
Adrián Ares (2º ESO A)
A escrita alfabética non ten moito misterio, verdade?. Tamén a practicamos. Presentámosvos os resultados.
Inspirado no poema "O árbol" de Celso Emilio Ferreiro da selección do autor temos este texto que acompañamos dunha foto feita por Marina:
Árbore bagoenta, caída, defunta. El fixo gozar
harmonía, inspiración. Logrou magnificamente narrar, ñapar os poemas que
reflicten sentimentos, transformando urnas vacuas xa zarradas.
Rubén Yáñez (2º ESO E)
demibalconatuventana.blogspot.co |
Abandonada busco como deixar esta febril gaiola hinóptica. Inquedamente, lógroo, mentres non oio, porque quero resignarme sen tomar un verdadeiro xiro zangado.
Tamar Rguez (2º ESO E)
Gústanme os traballos, gústame a presentación, gústame todo. O meu blog está moi negro, vou copiarche a idea de poñer os textos en cores.
ResponderEliminarOs meus parabéns para os alumnos e para ti.