Os técnicos traballaron arreo e xa circula pola rede o noso videoclip. Aí estamos todos, a contrarreloxo; era a fase final, ademais sempre hai algo que se atranca, pero obxectivo conseguido, o poema de Celso Emilio puido oírse no polideportivo do Blanco Amor.
Pretendemos en principio que coñezades algúns dos nosos traballos de aula, pero non sabemos moi ben que derroteiros tomará isto, que sexa onde as marés nos leven. Por suposto estades todos invitados a acompañarnos.
14/12/12
13/12/12
RECITANDO A CELSO EMILIO
O 12/12/12 sumámonos como tanta outra xente á proposta da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística de render homenaxe a Celso Emilio Ferreiro cun recitado colectivo de "Deitado frente ao mar"
Algúns de nós xa traballaramos con este poema e con outros textos do autor, o curso pasado. Esta será a nosa derradeira actividade para conmemorar o seu ano.
A preparación foi un pouco atropelada, primeiramente foi a parte artística: cada palabra do poema, decorada, encheu a súa cartolina, miles de cores para o poeta de Celanova. Verdadeiras obras de arte algunhas!
Despois viñeron os ensaios do recitado, precisamente no día que máis frío ía e nós sen calefacción... Pero, fómonos entusiasmando e algún ata tirou a chaqueta cara ao final do ensaio.
Chegou a data, algunha confesaba sen pudor os seus nervios despois de recibir un curso acelerado de como gravar. Había que preparar o decorado, tamén a toda présa, e por fin! Houbo algún problema técnico a maiores, o sitio talvez non foi o adecuado pero aí está o resultado.
Sentímonos orgullosos de formar parte desta iniciativa, de ser un máis dos moitos centros que se uniron ao acto de defensa e afirmación da nosa lingua.
Grazas a todo o Blanco Amor: 1º ESO A, B, D, E; 2º ESO A, B, C, D, E; 3º ESO A, C, D; 4º ESO D, profesores e profesoras do Dpto de L. Galega, Pilar de Plástica, Avelina e Ramón. Sen o voso esforzo e entusiasmo nada sería posible. (Prometín citarvos a todos, espero que non me esquecera ninguén)
O videoclip está en posprodución, poderédelo ver pronto en YouTube.

Etiquetas:
Celso Emilio,
poesia,
recitandoCelsoemilio
26/11/12
"OLLANDO OS NOSOS ARTISTAS"
![]() |
| Xaime quessada |
Por se a algún de vós lle anda estes días facendo as beiras a inspiración quero deixarvos un par de ligazóns que vos poidan servir de axuda na confección do voso microrrelato. Artistas na nosa cidade non faltan e non quixera nin limitarvos nin encarreirarvos cara a ningún lado na vosa escolla. Ofrezo simples suxestións.
![]() |
| A Venus do Miño de Acisclo Manzano |
Para escritores e escultores xa ten un marabilloso traballo para vós Marina, no seu Camiño longo. A min deixoume a pintura, sabedora das miñas afeccións.Como índice dos nosos pintores tomade esta páxina.
![]() |
| Virxilio |
Se estades xa decididos por un artista plástico, é interesante que vexades a colección de arte desta fundación.
Non quero deixar de facer mención á mostra gráfica que da cidade de Ourense nos deixou un paisano noso desaparecido hai pouco, Marcos Valcárcel. Aí teredes todo un manancial do que beber. Todas estas imaxes foron tiradas do seu blog. Unha vez máis grazas, Marcos.
![]() |
| Autorretrato, David Rubín. |
14/11/12
CONCURSO DE MICRORRELATOS
"Vendo zapatos de bebé sen usar"
Sempre me resultou arrepiante este microrrelato de Hemingway, mesmo antes de nacer o meu fillo. Para min encerra todo un drama en seis palabras. Son consciente de que se presta a múltiples interpretacións, ata foi o punto de partida a un concurso literario nos EE UU. É por iso que o escollín para anunciarvos o que convoca a Concellería de Educación do Concello de Ourense. Aquí vos deixo as bases.
Como vedes nestas bases, temos que "ollar os nosos artistas" nun microrrelato. Artistas na nosa cidade houbo, hai e haberá moitos e tamén son múltiples as maneiras de os ollar, simplemente escollede unha.
Este ano parece que andamos todos un bocadiño enleados con outras cousas e xa non temos tanto tempo para lle adicar á creación, pero hai que recuperar iso. Lembrades os nosos tautogramas do curso pasado? Avivade a vosa memoria con este de Luisa Valenzuela.
Palabras Parcas.
Abelardo, Arsaín, astuto abogado argentino, asesino agudo, apuesto, ágil aerobista acicalado. Atento. Amable. Amigo asiduo, afectuoso, acechante. Ambicioso. Amante ardiente, arrecho. Autoritario. Abrazos asfixiantes, ansiosos, asustados. Aluvión apagado, artefacto ablandado, apocado. Agravado. Altamente agresivo, al acecho. Abelardo Arsaín. Arma al alcance, arremete artero, ataca arrabiado, asesina. Atrapado. Absuelto: autodefensa. ¡Ay!

| De redescubreacidadevella.com |

5/10/12
"A TRISTEZA NON REMATARÁ XAMAIS". Aproximación á figura de van Gogh
Este curso en 3º de ESO temos como lectura da 1ª avaliación O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro, novela histórica que xira en torno á figura de Vincent van Gogh. Hai sobre esta obra traballos moi interesantes na rede. Vede por exemplo o de Revolta da freixa ou o de Montse Pena.
Nós só imos deixar unha pequena anotación biográfica achegándovos a figura deste afamado pintor, unha personalide sensíbel e apaixonada ata os extremos, que proxectaba esta paixón sobre calquera empresa que emprendía xa fose amorosa, artística ou solidaria: "Para el só había dúas cousas que pagaran a pena nesta vida miserenta: a humanidade e a arte.. A arte era o que el amaba por enriba de todo.. e o que o fará vivir de novo e ficar connosco para sempre" (p. 172). A súa vida foi unha acumulación de fracasos no persoal e no profesional, só a historia lle restituíu o lugar que lle correspondía como representante do impresionismo e como precursor de tendencias de inicios do século XX como o fauvismo ou o expresionismo. "Eu vira pintores en París... que eran todo calma e cerimonia cando pintaban. Este non cumpría con tales procederes; semellaba que mantivese unha loita desesperada co lenzo" (p. 20)
No 1890 volve ser internado. Hai varias teorías sobre cal sería a súa doenza pero crese que o máis probábel é que fose algo de tipo conxénito (varios dos irmáns de Vincent tiveron tamén problemas mentais), agravado polo seu problema de alcolismo.
No hospital recibe a noticia de que seu irmán vai ser pai e que el será o padriño da criatura, algo que o enche de emoción, pero algo así non consegue tiralo do seu estado de depresión e melancolía. En maio traládase a París para visitar a seu irmán e por consello deste viaxa tres días despois a Auvers-sur-Oise, onde foi sometido a un tratamento polo doutor e pintor afeccionado, Paul Gachet. Nesta aldea pintou máis de 800 cadros e o seu estilo evoluíu cara unha pintura máis expresiva de formas imprecisas e cores brillantes.
Dous meses máis tarde, e aínda que o doutor pensa que está curado, o seu ánimo non mellora, agóbiase polo seu fracaso persoal e por ser unha carga para seu irmán. Nesta situación de angustia o 27 de xullo de 1890 dispárase un revólver e aínda que non morre inmediatamente, acaba falecendo. Curiosamente Theo morre seis meses despois e os restos de ambos os irmáns repousan no cemiterio de Auvers-sur- Oise.
" -É inútil Theo, a tristeza non rematará xamais...
Falaron en holandés e eu imaxinei que lembraban a infancia na parroquia do pai: as carreiras polo camposanto, a asistencia aos oficios, ir levantar patacas cos labregos, a macabra descuberta daquela tumba co nome de Vincent gravado na pedra" (p. 167)
Quizais o colofón máis axeitado para estas pequenas notas biográficas sexa un cadro; este é sen dúbida un dos máis coñecidos, A igrexa de Nosa Señora, ademais temos a inmensa sorte de que na novela, autor do lenzo e narrador conversan sobre el. Non haberá seguro mellor nin máis fermosa explicación.
"Vincent pasou o día perante a igrexa da Nosa Señora. Nada máis chegar deu varias voltas ao seu redor antes de deterse a contemplala, estudando devagar o campanario, a fachada, as cristaleiras e os rexos muros de pedra...
- ... azul profundo, cobalto puro, ultramar, violeta, laranxa...
- O que non entendo é por que pinta a igrexa pola traseira...
- Porque ás veces na traseira das cousas, como no interior das persoas, atópase o máis fermosos delas. Tendemos a quedarnos co aparente, co primeiro ollar, sen afondar, sen ir máis alá dos prexuízos do noso propio ollar...
Vincent pintaba agora perante a igrexa unha figura dunha paisana cunha estraña vestimenta...
- E iso?
...
- É unha pequena homenaxe.
- A quen?
- Á miña benquerida nai, Anna. Por iso leva touca, coma as labregas holandesas da miña mocidade, como se entrase agora na igrexa onde celebraba o finado do meu pai en Nuenen" (pp. 59, 60,61)
| Autorretrato con sombreiro de feltro, 1887 |
VINCENT VAN GOGH
(Países
Baixos, 1853 – Auvers-sur-Oise, 1890)
Era o
máis vello dos seis fillos dun pastor protestante. A pesar de que só se dedicou
á pintura nos últimos dez anos da súa vida, é un dos pintores máis famosos de
todos os tempos. Nesa década pintou máis de 800 cadros e máis de 1000 debuxos,
acuarelas e litografías. É un dos máximos representantes do postimpresionismo.
Curioso é tamén que en vida só vendeu un cadro.
Dende
moi novo desenvolve unha relación especial co seu irmán Theo que será o
seu apoio emocional e económico sempre.
Antes
de entregarse totalmente á pintura traballou na Haia nunha empresa adicada ao
negocio das obras de arte e que fora fundada por un tío seu.
O seu
carácter difícil explica os sucesivos traslados no negocio: Bruxelas, Londres e
París. En Londres produciuse a súa primeira crise psíquica motivada polo
rexeitamento da filla da patroa da casa na que vivía, Úrsula Layer, de quen se
namorara perdidamente. Este será o primeiro de varios fracasos amorosos. En Londres tamén se sitúa o inicio da súa etapa como creador. A
deterioración física e psíquica foi tal que foi trasladado á oficina de París
por un período de tres meses.
En 1879
sentiu repentinamente a vocación relixiosa e converteuse en misioneiro
evanxelista na comarca mineira de Borinage, en Bélxica. A vida de miseria e a
falta de sono por pasar as noites coidando os enfermos fixeron que enfermase.
Seu pai levouno para a casa e a partir deste momento a pintura será a súa
verdadeira paixón. "- Un devanceiro meu chegou a bispo e houbo un tempo en que eu mesmo prediquei a palabra de Deus entre uns coitados mineiros." (p.62)
É un pintor autodidacta, poucas leccións de pintura recibiu, aprendeu visitando museos, escoitando consellos de amigos artistas e sobre todo adicándose por enteiro á pintura.
É un pintor autodidacta, poucas leccións de pintura recibiu, aprendeu visitando museos, escoitando consellos de amigos artistas e sobre todo adicándose por enteiro á pintura.
Despois
dun breve paso por Bruxelas, en 1881 Vincent regresa á casa paterna, alí sofre
outro desengano amoroso ao ser rexeitado pola súa curmá Kee Vos, o que o leva a
queimar incluso unha man.
En 1885 morre seu pai dun infarto, neste momento pintou a que é considerada a súa primeira obra, Os comedores de patacas.
En 1885 morre seu pai dun infarto, neste momento pintou a que é considerada a súa primeira obra, Os comedores de patacas.
Posteriormente
trasladarase a París onde coñecerá a Toulouse-Lautrec, Pissarro e Gaugin, a
quen admirará profundamente; nesta etapa a súa pintura adquirá os rasgos
definitorios.
En 1888
instálase no sur de Francia, en Arles, alí alugará a famosa "casa amarela", á que invitou a artistas admirados por el e onde Gaugin pasaría dous meses. Mentres preparaba a chegaba do seu amigo decorou toda a casa con xirasoles.
| A casa amarela, 1888 |
Pero a convivencia entre ambos os pintores tórnase imposíbel, Vincent bebe demasiado e as crises sucédense. O 23 de decembro dese ano discuten e Van Gogh ameaza a Gaugin cunha navalla de afeitar. Este, asustado, marcha a un hotel e Vincent, arrepentido, decide cortar o lóbulo da orella dereita e faillo chegar a Gaugin en sinal de arrepentimento.
| Autorretrato con orella cortada, 1888 |
No hospital recibe a noticia de que seu irmán vai ser pai e que el será o padriño da criatura, algo que o enche de emoción, pero algo así non consegue tiralo do seu estado de depresión e melancolía. En maio traládase a París para visitar a seu irmán e por consello deste viaxa tres días despois a Auvers-sur-Oise, onde foi sometido a un tratamento polo doutor e pintor afeccionado, Paul Gachet. Nesta aldea pintou máis de 800 cadros e o seu estilo evoluíu cara unha pintura máis expresiva de formas imprecisas e cores brillantes.
Dous meses máis tarde, e aínda que o doutor pensa que está curado, o seu ánimo non mellora, agóbiase polo seu fracaso persoal e por ser unha carga para seu irmán. Nesta situación de angustia o 27 de xullo de 1890 dispárase un revólver e aínda que non morre inmediatamente, acaba falecendo. Curiosamente Theo morre seis meses despois e os restos de ambos os irmáns repousan no cemiterio de Auvers-sur- Oise.
" -É inútil Theo, a tristeza non rematará xamais...
Falaron en holandés e eu imaxinei que lembraban a infancia na parroquia do pai: as carreiras polo camposanto, a asistencia aos oficios, ir levantar patacas cos labregos, a macabra descuberta daquela tumba co nome de Vincent gravado na pedra" (p. 167)
Quizais o colofón máis axeitado para estas pequenas notas biográficas sexa un cadro; este é sen dúbida un dos máis coñecidos, A igrexa de Nosa Señora, ademais temos a inmensa sorte de que na novela, autor do lenzo e narrador conversan sobre el. Non haberá seguro mellor nin máis fermosa explicación.
"Vincent pasou o día perante a igrexa da Nosa Señora. Nada máis chegar deu varias voltas ao seu redor antes de deterse a contemplala, estudando devagar o campanario, a fachada, as cristaleiras e os rexos muros de pedra...
- ... azul profundo, cobalto puro, ultramar, violeta, laranxa...
- O que non entendo é por que pinta a igrexa pola traseira...
- Porque ás veces na traseira das cousas, como no interior das persoas, atópase o máis fermosos delas. Tendemos a quedarnos co aparente, co primeiro ollar, sen afondar, sen ir máis alá dos prexuízos do noso propio ollar...
Vincent pintaba agora perante a igrexa unha figura dunha paisana cunha estraña vestimenta...
- E iso?
...
- É unha pequena homenaxe.
- A quen?
- Á miña benquerida nai, Anna. Por iso leva touca, coma as labregas holandesas da miña mocidade, como se entrase agora na igrexa onde celebraba o finado do meu pai en Nuenen" (pp. 59, 60,61)
Etiquetas:
lecturas,
O pintor do sombreiro de malvas,
van Gogh
24/9/12
SI, O MEU PADASTRO EN BAÑADOR
"Pablo Neruda" bdp.org.a |
Escollidas 15 preguntas fómoslles dando resposta, somos bastantes, así pois había que ir desbotando e quedar cunha resposta para cada pregunta. Ata aquí eramos inocentes. Eis as preguntas con cadansúa resposta definitiva.
1. Onde pode vivir un cego a quen perseguen as abellas?
2. Conta..., a rosa está espida ou só ten ese vestido?
Depende da moda de cada mes.
3. Por que as árbores agochan o esplendor das súas raíces?
Porque son as súas partes íntimas.
4. Quen oe os remordementos do automóbil criminal?
Os cemiterios.
5. Hai algo máis triste no mundo ca un tren inmóbil na chuvia?
Si, o meu padrastro en bañador.
6. Será a vida un peixe preparado para ser paxaro?
Será un peixe con ás e boca redonda.
7. Como se chama ese mes que hai entre nadal e xaneiro?
O mes dos compromisos.
8. Non te enganou a primavera con bicos que non floreceron?
Non, porque nunca os dou en primavera por se acaso florecen en quen non deben.
9. Que cousa alporiza os volcáns que cospen fogo, frío e furia?
O cabaliño do demo.
10. Que dirá da miña poesía quen non tocou o meu sangue?
Que é unha lectura indescifrábel.
11. Que fai unha mosca encadeada nun soneto de Petrarca?
Ser presa da poesía.
12. Un dicionario é un cadaleito ou un panal de mel fechado?
Ningunha das dúas. É unha casa de palabras brillantes.
13. O catro, ¿é catro para todos?, ¿son todos os setes iguais?
Os números non son o meu.
14. Que distancia en metros redondos hai entre o sol e as laranxas?
A mesma que hai entre a lúa e as mazás.
15. As bágoas que non se choran, ¿ónde irán?
Ao mesmo sitio onde saíron, para poder choralas logo.
| De Isidroferrer.com |
O seguinte paso foi sinalar a última palabra de cada resposta e chegados a este punto, máis dun experto escritor xa concluíu que esas palabras deberían formar parte dun novo texto, o derradeiro deste curso, era xuño e as vacacións estaban aí. Ben, pois á fariña.
O demo dirixiuse ao ambulatorio. “Cada vez teño máis traballo” pensou, e era certo, porque ultimamente estábase enchendo o cemiterio de xente que merecía marchar con el.
“Deben ser xa as seis, este mes non paro de madrugar” Isto tamén era verdade, é no verán e a ninguén lle gusta ter que levar almas condenadas ao inferno en bañador, por iso o dos madrugóns. Pero, por moi brillante e inmortal que sexa un, sempre apetece, máis ca madrugar, tomar unhas mazás desas tan ricas que hai na árbore da tentación.
Cando se situou diante do morto en cuestión, observou o seu rostro, coma sempre indescifrábel. Resultaba que o home escribía poesía e acudira a un compromiso co seu editor cando, de repente, caeu redondo dun ataque, un infarto. Que como sabía iso? Ben, os mortos falan e o que inventou o dito, por moi mafioso que fose, tiña razón, máis do que cría.
Segunda vítima, mellor dito, segunda e terceira. Dúas amigas íntimas quedan para beber algo e atragóanse co xeo. Curioso!, pero ben, o meu “logo” é que “a cada un lle chega a súa hora”. Algo farían para merecelo.
Antón Seoane 2º ESO E
| As tres gracias 1963. Colmeiro |
Era o mes das mazás. Estaba eufórica polo bo tempo e tiña que cumprir o meu compromiso con Paolo. Non me desagradaba demasiado, pero á fin e ao cabo era un home vello, de pelo cano, engurrado, coas mans a tremer e os ollos temerosos de ver algo que puidese parar o seu xa lento corazón. Tiña que pasar todo o verán con el, coa súa vellez. Os primeiro días, segundo me dixeran, serían horribles, coma se estivese co mesmo demo. Portaríase mal, non comería e polas noites non durmiría nin deixaría durmir. Pero tanto podía ser o demo coma un anxo. Era un home indescifrábel. Realmente habíame gustar ver a súa reacción cara a min.
Cheguei pola noite, coas estrelas brillantes no ceo. Abríume a filla de Paolo, unha muller gastada polos anos cun anel redondo e enorme no dedo. Detrás dela viña un home con expresión caída. Deben estar verdadeiramente cansos, pensei para min. O home era o marido de Fabiola, a muller gastada, e polo que despois diría Paolo, chamábase Mario. Marcharon deixándome unha libreta cos datos imprescindíbeis de todo o que tiña que facer. Logo de que pecharan a porta, Paolo chamoume. - Xa vou, Paolo, un momentiño! Estaba acabando de colocar as maletas no piso superior. Xa metería as cousas no armario máis tarde. Baixei as escaleiras e fun ata o salón, onde se atopaba el, cuns lentes grandes que lle aumentaban as meniñas e un pequeno libro no colo. - Poderías lelo?, é tan noite que case non vexo.
Díxoo despacio, medio durmido, seguramente triste por quedar só comigo. - De acordo, que páxina queres? - A que máis che guste, todas as frases son fermosas. E así foi. Era un libro de poesía, intentaba ler lentamente e claro para que gozase das palabras, pero nada máis comezar, adormeceu.
- Paolo, Paolo, esperta, tes que durmir na túa cama... Púxose en pé e foi só ata a habitación, realmente estaba forte para ser tan vello.
Tiña pensado levar a Paolo á piscina ao día seguinte, os dous en bañador, que pantomima! Acto seguido, saquei as miñas prendas íntimas e coloqueinas nun caixón, perfectamente ordenadas. A maleta xacía baleira baixo a cama e, eu, encontrábame lendo un libro, coas gafas postas e un vaso de auga na mesa de noite. Quedei durmida.
Á mañá seguinte espertei cedo, ás oito. Preparei o almorzo e fun buscar a Paolo para erguelo. Pero... onde está? Escaparía? Non! isto non me pode estar pasando, o primeiro día e xa non está!
Corrín en bata ata o xardín. Estaba alí, mirando uns paxariños que se bañaban na pequena fonte. Suspiraba melancólico. - Cando espertaches? A pregunta colleume desprevida. - Agora, hai dez minutos, respondín. Miroume aos ollos con aqueles lentes tortos. Suspirou de novo, - Fabiola levántase ás sete e xa tiña o almorzo na mesa. E así esta de consumida, pensei eu. - A partir de mañá erguereime ás sete, xúrocho. Sorriu de forma forzada. - Almorzamos? - Claro.
Mentres o faciamos contoume que tiña pensado ir ao ambulatorio esa tarde. Mágoa, arruinoume o plan da piscina. Mañá -dixo- hai un enterro no cemiterio, preto da casa de Xoana. Xoana? Quen podería ser esa tal Xoana? Tanto ten. E de quen sería o enterro? Daba igual.
Pasaban as horas e aburríame. Levei a Paolo ao ambulatorio, alí atopou unha muller, amiga de Fabiola, tocou varias veces a meixela da muller nun xesto estraño, cando marchamos ela parecía estar mellor. - Paolo, que queres facer? - A estas alturas da vida, nada... Que home máis apagado.
O día seguinte fomos ao enterro, non sabía de quen era e desesperábame. Atopamos a tal Xoana, polo visto un antigo amor de Paolo, a ela tamén lle fixo o xesto na meixela. Que intentaría con iso?
Ao chegar á casa, Paolo deume un agasallo, unha finiña pulseira que comezaba cun peixe rosa, remataba co mesmo peixe e no medio tiña boliñas de cores, verdes e rosas. Foi un detalle precioso, os peixes case parecían brillantes. Deille un bico e fun durmir.

Á mañá seguinte atopei a Paolo adormecido no sofá, ao lado había unha nota no chan. Espertaríao máis tarde. Collín a nota que, cunha perfecta caligrafía, puña: "Uxía, síntoo moito, pero gastei as miñas últimas forzas na muller do ambulatorio, Fabiola quérea demasiado, e en Xoana, quéroa máis ca a nada. Paseino moi ben contigo, aínda que foron poucos días, non te entristezas, por favor. Utiliza a pulseira coas persoas que queiras, só terás que apertar un pouco as súas meixelas. Grazas de todo corazón. Paolo"
Chorei, chorei coma nunca, dera a súa vida por elas, sen pensalo, apertei as súas meixelas con forza, sentínas frías, estaba morto. Chamei a filla e encargouse de todo. Eu non puidera impedir que pasara todo iso...
Tamar Rodríguez (2º ESO E)
![]() |
| Imaxe do blog de Arturo Borra |
A poesía é unha dama,
unha dama en bañador,
que toma o sol en praias indescifrábeis
mes tras mes.
Unha dama á que lle contamos
as nosas inquedanzas máis íntimas.
Unha dama de brillantes,
que refulxe cal estrela,
redondo ollo de cristal.
Unha dama sen compromisos,
un espírito libre,
tan intocábel como as mazás da Espérides.
Unha dama que te controla,
demo da mente e da beleza,
que vai aos cemiterios para ler as lápidas.
Unha dama terríbel
que te pode mandar ao ambulatorio
convertido en tolo inútil.
Unha dama festeira,
que baila núa polo meu maxín.
Unha dama que logo de bailar,
repousa sobre ás de anxo,
soñando con fermosos versos.
Unha dama á que deben adorar e temer.
Luis Valencia (2º ESO E)
20/8/12
DE CABRAS E DE ROTUS
| alt1040.com |
O binomio fantástico é unha técnica de creación literaria que nace da asociación entre dúas palabras que debe resultar estraña, insólita. Canto máis afastada sexa a relación, mellor, para que a imaxinación se poña en movemento. Deste xeito o explicou Gianni Rodari na súa Gramática da fantasía.
O mellor método para atopar esas palabras é o azar. Na aula, nós, fomos dicindo palabras uns atrás dos outros, por suposto sen saber para que, e de repente alguén dixo "cabra" e outro a seguir "rotulador". O binomio estaba creado, só tiña que rolar a fantasía.
| artelista.com |
“Filloas,
cabras e rotus”
Estaba sentada na cadeira do meu
cuarto, intentando facer os deberes. Para cando rematase xa serían as nove e
media, pero aínda tería un pouco de tempo para estrear o novo encerado. Era
branco, de plástico, moi pequeno e levaba no lado dereito un rotulador.
Pensei durante un anaco que debuxar, pois se quería estrealo tiña que ser cun
debuxo fermosísimo, pero, como non se me ocorreu outra cousa, debuxei unha
cabra, simplemente.
Cando comecei o trazo, o
rotulador deume un chimpo nas mans e del emerxeron unha chea de faíscas , moi
pequerrechas e de moitas cores. Pensei que toleara polo sono que tiña, pero non
foi así. Cando acabei o debuxo, a cabra saíu do encerado, branca e coa mirada
perdida.
Collín aire moitas veces, que lle
diría á miña nai? E onde ía gardala? Pensei rápido e volvín coller o rotulador,
debuxei unha gaiola moi grande, o suficiente como para que entrase a cabra. En
canto apareceu a gaiola, a cabra meteuse dentro e a porta pechouse, eu tivera a
molestia de debuxarlle unha cunca con auga e comida, pero para a miña desgraza
a cabra comezou a emitir sons que non son quen de explicar, pero semellaban
berros, berros altos e demasiado estrondosos para a miña habitación. Agora si
que estaba aviada!, que ía facer? A gaiola era moito máis grande cá cabra e xa
podía oír os pasos da miña nai achegándose.
Debuxei un cadeado cunha chave e
púxenllo á porta do cuarto, miña nai tentou entrar, pero foille inútil,
preguntoume se estaba estudando e díxenlle que si. Os seus pasos afastáronse. A
cabra estaba sentada na gaiola, mirándome expectante por ver que facía. Collín
o rotulador e pensei que podía facer para saír daquel lío. Debuxei unhas
filloas de chocolate, non podo pensar se estou famenta. A cabra deu un par de
couces no chan da gaiola e achegouse a min todo o que podía. Quería as miñas
filloas! Deille dúas, e se non estaba satisfeita, que se amolara, eu tamén tiña
fame.
Cavilei durante moito tempo e
decidín abrir a gaiola, a cabra sentou ao meu lado. Meee! –beou a cabra-. Cala, ou queres ter que irte! –díxenlle- A
cabra mirou as filloas e Meee –beou
moito máis alto- Vale, tómaas, pero
cala, por Deus! Me! –Dixo moi baixiño-,
tomeino como un “grazas”. Se quería librarme dela, tería que esperar a que miña
nai durmise e saír pola porta de atrás.
Xa eran as once e a miña nai
roncaba. Collín a cabra e ateille unha
corda ao pescozo. Saímos amodo, intentando non facer ruído. Eu levaba o
encerado e o rotulador nunha bolsa, por se acaso tiña que debuxar, eu que sei,
unha ponte para cruzar o río ou algo polo estilo.
Cando chegamos á fraga sentei no
chan, de camiño tivera un par de ideas, pero facer cabra de cea parecíame
algo cruel. O animal lambeume a cara, aínda ía ser que non quería marchar!
Xa está! –berrei- Collín o
rotulador e o encerado, se co rotulador podía traer a cabra, cun borrador
podería gardala e traela cando me petase. Xenial, así non terás que irte!
Agarrei un trapo que estaba nunha póla, pero antes rodeei a cabra cun círculo,
nun debuxo do encerado. Borrei e a cabra desapareceu. Fixen unha proba para
traela de novo e saíume ben.
Así, todos os venres ceo filloas
de chocolate cun rotulador e unha cabra.
Tamar Rodríguez (2º ESO E)
| Casas e árbores , Mª Antonia Dans |
Sen
título posible
Ía un bo día, un deses días de
primavera tan alegres, e o pastor ía asubiando polo monte, acompañando as súas
cabras, aínda que xa tiñan o camiño ben aprendido.
O pastor tiña moitas e sobre
todo, moitos tipos de cabras: negras con pintas brancas, brancas con pintas
negras... pero, por estraño que pareza, só unha era totalmente branca e como o
home era de mente sinxela, con todo o atino do mundo chamoulle “Branquiña”
Pola outra parte da historia, a
de Branquiña, pouco hai que contar, salvo que ela quería, desde que se viu a
única sen manchas, ser pinta como as demais. Intentouno manchándose, mollándose
e mesmo rañándose contra unha árbore queimada, pero só vía solución nun
rotulador permanente.
Cando o encontrou púxose moi
contenta, pero despois pensou: “Como o collo e me pinto?” Foi xunto o pastor e
díxolle que a pintase, pero estrañamente o pastor mirou para ela e non lle fixo
caso, coma sempre.
Que quererá esta agora que non
para de bear cara a min –pensou o home. Como Branquiña tampouco o entendía
moito a el, seguiu beando cada vez que pasaba por onda o pastor, pero se
algunha vez conseguiu que a entendese nunca o saberemos.
Antón Seoane (2º ESO E)
Como
Ink coñeceu a Rosario
Bos días. Chámome Ink. Son amante
do debuxo. Paso todos os días debuxando, pero antes os meus debuxos eran
garabatos sen calidade artística. E vós preguntaredes: Por que? Por que Ink
debuxaba tan mal? Pois a resposta é que era obrigado a debuxar así de mal. Que
quen me obrigaba? Chámase Anxiño, ten cinco anos e ódioo profundamente. Despois
disto xa deduciriades que son un rotulador (aínda que tamén podería ser un
lapis). Mido 15cm, peso 50g e son de cor azul. Nacín en Alemaña, nunha fermosa
fábrica de montaxe, xunto aos meus miles e miles de irmáns. Metéronme dentro
dunha caixiña de plástico que á súa vez meteron xunto a outras moitas caixas
iguais nunha caixa máis grande de cartón que meteron xunto a outras caixas
iguais nun avión.
| Miniaturas de R. Dans |
Cando aterramos en Santiago
mandáronme á papelaría Loli, onde me
mercaron os pais de Anxiño. Levaba xa unha semana alí e non o aturaba máis. Por
fin deixou de debuxar e durmiu. Esta é a miña oportunidade. A ventá estaba
aberta e sen dubidalo tireime ao baleiro. “Este Ink quérese suicidar” estaredes
pensando. Pois non. É que estes sopragaitas sen talento viven nun baixo con
xardín, e con can. Esquecín o can. Estame comendo con cara de esfameado e antes
de que puidese dicir “Socorro!” xa me papou. Non vos vou contar o que vin no
interior dese animal por razóns obvias. O que si vos vou dicir é que Lopi, o
can, escapou da casa un día de Semana Santa e non sei por que rematou nunha
granxa a 100Km da casa dos sopragaitas. Alí foi onde, por así dicilo, me
liberou. Aínda me quedan secuelas psicolóxicas daquilo. Grazas a Deus preto da
granxa había unha laguiña e alí me lavei e me puxen bonitiño e brillante. Como
non tiña outro sitio onde ir metinme na corte e durmín sobre as pallas.
Espertoume algo grande e branco con cornos e uns olliño rosas fermosísimos. Era
unha cabra. A cabra dixo:
-
Quen es guapo?
-
Son Ink, guapa.
-
E que fai un rotulador coma ti nun
sitio coma este?
-
Estaba de viaxe e pasei por aquí.
-
Pois que sorte tiven!
Xa imaxinaredes o que pasou
despois. Rosario (a cabra) e eu vivimos un apaixonado romance e decidimos
fugarnos xuntos. Un día en Venecia (tardamos moitísimo en chegar) preguntoume
se podía facer un debuxo comigo. Cómo lle ía dicir que non á cabritiña dos meus
soños! Ao rematar o debuxo quedei abraiado. Representaba unha paisaxe de
Venecia e a calidade era impresionante. Despois diso non podía permitir que o
talento de Rosario se botase a perder. Presentei os debuxos nunha exposición e
foi todo un éxito. Agora somos millonarios, vivimos nunha mansión e temos sete
preciosos cabritiños de cor azul.
Aquí remata a miña historia, pero
seguro que aínda nos vedes a Rosario e a min na tele. Ata pronto!
Luis Valencia (2º ESO E)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)